16. Centro de Interpretación Salinas de Ulloo

2010 | Vilaboa, Pontevedra

Lusquiños - Proyecto Centro de Interpretación Salinas de Ulloo

2010
Vilaboa, Pontevedra
Fotografía: –

O CI preséntase en dous edificios con usos diferenciados.

Para acceder ó centro farase mediante un sendeiro ou “canal” que nos dirixe a entrada do edificio principal, gracias a cal a medida que imos ascendendo poderemos contemplar  o espazo natural das Salinas de Ullóo.

Este estará destinado a un uso máis específico, relacionado intimamente co centro de interpretación en sí, organizado en tres niveis; formado por zona de información, aseos, salas de exposicións permanentes e temporais, sala de maqueta, audiovisuais e aula multifunción para desenrolo tanto de obradoiros como de outro tipo de actividades; o outro edificio, dividido en tres espazos, estará destinado a un uso máis xeralizado no cal, por un lado, está a zona de administración, e por outro, salón de actos e cafetería, os cales poden levar un uso totalmente independente do centro de interpretación, ós que se accede continuando o sendeiro – “canal” polo que iniciamos a visita polo centro de interpretación.

Á hora de afrontar o deseño do Centro de Interpretación fixose tendo en conta conceptos tales como: en ambas construccións hai elementos de importancia histórica e cultural que queremos preservar, e por elo, en estas estancias a intervención será mínima, deixadoas espidas, sendo elas mesmas elementos expositivos. Por outra banda pretendese marcar a diferencia entre o volume existente e a nova intervención, un exemplo a cuberta, que seguindo o patrón da inicial, cuberta inclinada, diferenciase polo material de cobertura, zinc, e pola súa colocación: elevada dos muros existentes gracias a perfilería metálica HEB. Outros elementos a salientar son as zonas privadas, nas que se crearán uns volumes  “caixa” que alberguen e marquen a privacidade destas e ó mesmo tempo as diferencie do volume existente coa arquitectura que o contén. E por último; todos estes espazos contan cunha gran cantidade de ventanais de tamaños variados, incluso portas a modo de ventanas o cal permitirá unha comunicación interior-exterior e un xogo coa entrada de luz natural coa que se configurarán diferentes espazos.

Lusquiños - Proyecto Centro de Interpretación Salinas de Ulloo
Lusquiños - Proyecto Centro de Interpretación Salinas de Ulloo
Lusquiños - Proyecto Centro de Interpretación Salinas de Ulloo
Lusquiños - Proyecto Centro de Interpretación Salinas de Ulloo
Lusquiños - Proyecto Centro de Interpretación Salinas de Ulloo
Lusquiños - Proyecto Centro de Interpretación Salinas de Ulloo

¿Puedo ayudarte?