14. Coworking RC
2016 | Vilaboa, Pontevedra
Coworking RC
CMM de Vilaboa
2016
Vilaboa, Pontevedra
Fotografía: –
Proxecto colaborativo con EAU arquitectura.
II Premio concurso Rehabilitación da Casa Reitoral de Santa Cristina de Cobres.
No praposta de rehabilitación diferenciamos claramente o uso público na pranta baixa, conectando co parque e cos servizos da zona, e un uso privado na pranta primeira, convivindo e fusionándose os dous no mesmo edificio.
A entrada á pranta baixa realizase dende a rúa principal rehabilitando o oco da porta da reitoral creando diante desta unha comporta abatible exterior que se converte nunha marquesina que sirve como resgardo das persoas que entran no edificio potenciando a entrada á nova rehabilitación. Unha vez dentro xerase un espazo de recepción articulado mediante un cubo de pedra, no cal se albergan os aseos, ademáis de servir para crear unha dobre circulación e así poder separar os usos e a circulación pública e privada.
Sobre este sitúase un patio vexetal interior que sirve de tragaluz mediante unha apertura na cubierta que dota todo o espazo interior dunha gran luminosidade e xogos de luces durante todo o transcurso do día, aproveitando ó máximo a luz natural e así mellorar o consumo enerxético durante as horas de sol.
Este espazo de recepción sirve como “fuayer” e distribuidor da cafetería, escaleiras e a entrada a sala polivalente.
Os fluxos peonís conectámolos dándolle a continuidade ós pavimentos de pedra, unificando así o exterior co interior, mentres que a continuidade coa luz faise cunha apertura na cuberta, que queda enriba dunha reinterpretación contemporánea dun patio interior tradicional, situandoo no centro da intervención, e servindo como elemento articulador de tódalas estancias.
Unha vez chagamos o primeiro andar é posible alcanzar a interesante conexión co ceo mediante o patio interior, o que é atravesado por unha pasarela elevada que conecta todos os espazos desta pranta (sala de xuntas e viviero empresarial).
¿Puedo ayudarte?